Neko Adoption

Neko Adoption

sábado, 6 de abril de 2013

Os biosbardos(Ponteareas). Silvio. ADOPTADO!!

OS BIOSBARDOS.

SILVIO.


COPIO:
Silvio apareceu abandonado en xullo do 2012 cando apenas tiña 4 meses. Cando entrou no refuxio estaba nos osos e tardou meses en recuperarse. Medio ano despois, Silvio sigue no refuxio, está a pasar a súa infancia dentro dun canil porque ten medo a saír o patio exterior. Cando chegou era un cachorro moi alegre, sempre estaba xogando e perseguindo ós voluntari@s para pedir mimos, pero foron pasando os meses e algúns dos cans comenzaron a acosalo e agora vive aterrado nun canil interior.  
O martes Silvo foi a esterilizar e facía moito tempo que non o víamos tan feliz, ía pola rúa saudando a todo o mundo e pedindo mimos. Non deíxedes que Silvo pase a súa vida nun refuxio, merece un fogar. En todo este tempo aínda ninguén preguntou por el, é un canciño que ten enognatismo(a mandíbula inferior é máis curta ca superior), pero non lle impide facer vida normal. ADOPCIÓN URXENTE, UNHA OPORTUNIDADE PARA ESTE CACHORRIÑO LOITADOR CHEO DE TENRURA!!


Non te parece que Silvo merece un fogar onde ser feliz, non deixes que siga crecendo no refuxio. Contacta con: 600 356 891(10:00-13:30)(16:30-20:00); protectoraosbiosbardos@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario